Rueda defende os pactos do PP coa ultradereita: "O PSOE pacta con partidos anticonstitucionais como Bildu"

Insinúa que Bildu "é máis radical" que Vox.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/06/2023 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defende un futuro pacto do PP con Vox se a Alberto Núñez Feijóo non lle dan as contas nos comicios xerais do 23X. Así aludiu aos pactos que mantén o PSOE con Bildu para xustificar futuras coalicións coa ultradereita."O que non se pode admitir son os que fan pactos con partidos anticonstitucionalistas como Bildu e tenten dar leccións a outros. Iso non é admisible", dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

O presidente de Vox, Santiago Abascal, durante o acto electoral de Vox na Coruña
O presidente de Vox, Santiago Abascal, durante o acto electoral de Vox na Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press

Rueda deu por feito que equiparar ao PP coa ultradereita "será o eixo argumental" de Sánchez que "tentará meter o medo de sempre" pero "non lles vai colar". "Hai unha falta de ideas e cinismo cando se fala disto", suliñou ao lembrar os pactos que os socialistas teñen con Bildu que, "como mínimo son máis radicais" que Vox. "Non son comparables os pactos de Vox e Bildu", dixo.

Sobre futuros pactos do PP con Vox en distintas autonomías, Rueda dixo que non lle vai dar "consellos a outros líderes" sobre alianzas. "Pero todos teñen dereito a formar maiorías", engadiu. Sobre a situación en Castela en León onde xa gobernan xuntos e houbo grandes diferencias no goberno autonómico, Rueda destacou que eses problemas existen "pero hai un goberno que goberna".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta