Faladoiros de Vigo, Caravexo TV ou Na Utopía galardoados nos IV `Premios Mil Primaveras´

Con estes premios búscase valorar, recoñecer e difundir todos os proxectos ou programas que persigan o fomento, recoñecemento e promoción do uso da lingua galega.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/06/2023 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

A ceremonia de recollida da cuarta edición dos `Premios Mil Primaveras´  terá lugar o venres 9 de xuño ás 19:30 no salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra, terá lugar aEstos galardóns crearonse pola Coordinadora de Traballadores/as da Normalización da Lingua (CTNL) co fin de valorar, recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos que busquen o fomento da lingua e a procura do incremento do seu uso e prestixio.

IV Premios Mil Primaveras
IV Premios Mil Primaveras | Fonte: CTNL

Este ano os galardoados son a Asociación Faladoiros Vigo, pola creación de espazos de conversa informal en galego, Caravexo TV, por promover o uso da lingua entre os máis pequenos e xóvenes, Laboratorio de Apoderamento Lingüístico, por fomentar a ceación dunha comunidade lingüística e Na Utopía por ser unha ferramenta tanto formativa como normalizadora.

Ademáis o acto contará ca actuación de Matrioskas, é de acceso libre ata completar aforo e os premios consistirán na entrega dunha peza artística creada por Feituras, un obradoiro de olería de Buño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta