O PP culpa a PSOE e BNG do seu pacto con Jácome

Puy traslada o seu "máximo respecto" á decisión persoal de Cabezas, quen avanzou que deixará a acta, e ve o seu posicionamento "moi defendible".

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 19/06/2023 | Actualizada ás 15:57

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, xustificou este luns o pacto que o seu partido selou en Ourense con Gonzalo Pérez Jácome, e que permite ao líder de Democracia Ourensá (D.O.) manter o bastón municipal e aos populares conservar a Deputación provincial, xa sen Manuel Baltar á fronte, posto que renunciou a optar a seguir no cargo a semana pasada.

A preguntas dos medios, Puy incidiu en que el, centrado en cuestións parlamentarias, segue outros asuntos máis desde unha perspectiva de "espectador", pero incidiu en que, baixo o seu punto de vista, o PP "fixo o que tiña que facer, votarse a si mesmo" no Consistorio, tendo en conta que PSOE e BNG "non" deixaron opción a un goberno alternativo ao de Jácome.

"Os resultados foron os que foron, hai un candidato que ocupa a Alcaldía, que ten a lista máis votada e mellorou os resultados", relatou, antes de incidir en que, a pesar deste "punto de partida", o PPdeG "fixo varios intentos serios e moi xenerosos", en alusión á oferta de deixar gobernar a Paco Rodríguez se os socialistas garantían aos populares a institución provincial.

"Creo que o meu partido fixo cousas para que houbese unha alternativa ao actual alcalde de Ourense", continuou, antes de incidir en que o que lle "sorprende" son "as críticas" de socialistas e nacionalistas cando "non fixeron nada". Para Puy, PSOE e BNG non atenderon ás chamadas dos populares, polo que ao final "produciuse o resultado máis lóxico", que puido gobernar o máis votado.

Puy que aludiu ao pacto expeso acadado entre o seu partido e Jácome que o alcalde de Ourense se encargou de airear en redes sociais e insistiu na teoría de que se votaron a si mesmos. "Eu preguntaríalles, vostedes que fixeron?", salientou, ao tempo en que defendeu que o PP tiña "os concelleiros que tiña". "Fixo o único que podía facer, votarse a si mesmo. Prodúcese o natural acordo coa lei, que en caso de falta de acordo decreta que goberne a lista máis votada", aseverou.

O portavoz do PPdeG na Cámara galega, Pedro Puy, en rolda de prensa est elunes 8 de maio.. GRUPO PARLAMENTARIO DO PP DE GALICIA
O portavoz do PPdeG na Cámara galega, Pedro Puy, en rolda de prensa est elunes 8 de maio.. GRUPO PARLAMENTARIO DO PP DE GALICIA | Fonte: Europa Press

MARCHA DE CABEZAS

Puy subliñou que, para que o PP puidese facer o que prometeu en campaña e non pactar con Jácome "era imprescindibile o concurso do Bloque e do PSOE", pero apuntou que os socialistas tamén negociaron co rexedor ourensán como ratifican determinadas "probas gráficas" --en alusión á fotografía na que aparece o secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage, cun asesor e o propio alcalde--.

"E o Bloque nin atendeu ás chamadas do PP", afeou, antes de declinar pronunciarse sobre a postura do candidato popular na urbe, Manuel Cabezas, quen deu a entender que deixará a súa acta de forma inminente, ademais de mostrar o seu rexeitamento expreso ao pacto con Jácome. Si trasladou o seu "máximo respecto" á decisión persoal que adopte.

Preguntado acerca de se teme que ademais da saída de Cabezas se produza algunha máis no grupo municipal, esgrimiu que non se pronuncia sobre cuestións que aínda non sucederon ou que entran no marco das decisións persoais, pero entende que a posición do candidato ourensán é "moi defendible" dado que en campaña prometera que non pactaría con Jácome.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta