"Iribarne", o novo espectáculo sobre Fraga estrearase o 12 de outubro

Tratase dunha investigación escénica sobre a figura deste político galego.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/06/2023 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

"Iribarne" é a nova creación de ButacaZero, dirixida por Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira, que busca representar a vida e o percorrido político de Manuel Fraga Iribarne para non só descubrir a súa figura, senón tamén as implicacións que tivo e segue tendo, esta persoaxe tan controvertida e popular da historia recente.

Manuel Fraga
Manuel Fraga | Fonte: EP

“Non é exactamente un biopic, pois non collería nunha soa obra”, advirten Carrodeguas y Castiñeira, pero si que é un “paseo pola Transición. "Iribarne" é un intento irreverente por comprender cómo chegamos ata aquí da man dun político que, na sus propias palabras, dicía as verdades sin condón”, apuntan os creadores. 

A investigación comezou en xaneiro de 2022, a través do contacto con persoas que o trataban, ademáis da grabación de entrevistas a diferentes figuras do ámbito político e social. Esta investigación derivou nunha residencia creativa no Pazo de Mariñán (donde Fraga coemzou a deseñar a súa retirada política), ademáis do seu paso polo itinerario Cruzamentos do proxecto Camiño Escena Norte e por outra residencia creativa na Sala Beckett de Barcelona.

O próximo 12 de outubro poderase ver a obra por primeira vez no Teatro Valle Inclán do Centro Dramático Nacional. A peza estará en cartel ata o 12 de novembro e contará cun elenco formado por Mónica García, Xurxo Cortázar, Anxo Outumuro, Lidia Veiga, Jorge Arcos e a propia Esther F. Carrodeguas. No equipo artístico figura tamén o músico e productor Berto como responsable do espazo sonoro e dos temas como "WHO THE F*CK IS IRIBARNE? " que ambientarán a obra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta