A industria factureira galega supón o 7,2% de todo o Estado

Xerou 39.949 millóns en 2022.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2023 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

O valor das vendas dos produtos da industria manufactureira alcanzou en Galicia os 39.949 millóns de euros en 2022, o que supón un 7,2% do total, segundo os datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

As comunidades autónomas que tiveron maior peso na cifra de vendas de produtos da industria manufactureira en 2022 foron Cataluña (co 21,5% do total), Andalucía (12,1%) e Comunitat Valenciana (11,2%).

Segundo os mesmos datos, en toda España o valor das vendas de produtos da industria manufactureira alcanzou os 556.282 millóns de euros en 2022, o que supuxo un aumento do 21,8% respecto ao ano anterior.

As actividades que máis contribuíron ao total das vendas de produtos da industria manufactureira en 2022 foron Industria da alimentación (cun 20,8%), Coquerías e refino de petróleo (10,5%) e Vehículos de motor (10,2%).

O Porto de Vigo
O Porto de Vigo | Fonte: AUTORIDADE PORTUARIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta