Galicia conta con máis de 21.500 persoas con discapacidade residentes en centros: oito de cada 1.000 habitantes

Supón unha taxa superior á media española.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2024 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

Galicia conta con 21.668 persoas con discapacidade residentes en centros en 2023, cun total de 357.894 persoas nesta situación en España, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) este martes. Deste xeito, Galicia ten unha taxa de oito persoas con discapacidade en centros por cada 1.000 habitantes, máis que a media española de 7,4.

As comunidades autónomas con maiores taxas de persoas con discapacidade residentes en centros por cada 1.000 habitantes foron Castela e León (18), Aragón (13,2) e Principado de Asturias (12,9). As taxas máis baixas está en Andalucía (3,8). Do total de 21.668 persoas con discapacidade en centros galegos, 13.655 son mulleres e 8.013 son homes. O maior grupo por idades é o de máis de 80 anos, cun total de 12.393. Hai 5.202 entre os 65 e 79 anos. Así mesmo, os discapacitados entre seis e 64 anos son un total de 4.073.

DATOS ESTATAIS

Un total de 357.894 persoas residentes en centros tiña algunha discapacidade no ano 2023 no Estado, o que supuxo o 94,7 % das persoas que vivían en centros, segundo a 'Enquisa de Discapacidade, Autonomía persoal e Situacións de Dependencia' sobre a poboación residente en centros. De total, 124.774 eran homes fronte ás 233.121 mulleres. O 65,1 % das persoas con discapacidade residentes en centros eran mulleres e os 34,9 % homes.

En relación coa idade, o 65 % do colectivo con discapacidade en centros residenciais tiña 80 ou máis anos, o 20 % tiña entre 65 e 79 anos e o 15 % tiña entre 6 e 64 anos. O 73,8 % das mulleres tiña 80 e máis anos mentres que esta porcentaxe era do 48,5 % para os homes. Pola súa banda, o 25,4 % dos homes tiña menos de 65 anos, porcentaxe que baixaba ao 9,5 % para o caso das mulleres.

TIPOS DE DISCAPACIDADES

Respecto das discapacidades máis frecuentes en España, a investigación do INE revela que estaban relacionadas con actividades básicas da vida diaria, é dicir, o 88,6 % das persoas con discapacidade tiña problemas de coidado persoal, o 86,9 % coa vida doméstica e as 86,2 % dificultades importantes de mobilidade. "En todos os tipos de centro investigados estas discapacidades foron as máis frecuentes, aínda que con menor incidencia nas vivendas tuteladas", aclara.

Neste sentido, das 357.894 persoas con discapacidade que residían en centros o 8,2 % decidía que e cando comer e o 19,7 % cando asearse. Estas persoas atopaban maior autonomía para decidir como e con quen pasar o tempo libre (59,1 %) e como decorar a súa habitación con cousas persoais (51,4 %).

Ademais, un 51 % das persoas con discapacidade dixo atopar algún tipo de problema de accesibilidade dentro ou fóra do centro. No interior, onde achan máis dificultade é no baño (un 20,7 %) e nas zonas comúns (19 %); e, no exterior, o 27,9 %, para entrar ou saír do centro e un 47,9 % en medios de transporte, edificios ou vías públicas. Estes problemas foron máis acusados en mulleres que en homes. Por idade, as dificultades foron maiores nas persoas de 80 e máis anos (un 53,9 % tívoas).

Atención á dependencia
Atención á dependencia | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta