Varios accidentes laborais rexistrados en Porto do Son, Outeiro de Rei e Arteixo deixan tres persoas feridas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2023 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

Tres traballadores resultaron feridos noutros tantos accidentes laborais rexistrados na mañá deste martes en Arteixo (A Coruña), Porto do Son (A Coruña) e Outeiro de Rei (Lugo).

#Axegainforma Accidente Laboral. 112 GALICIA
#Axegainforma Accidente Laboral. 112 GALICIA

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o máis grave foi o dun operario que se precipitou desde sete metros de altura ao ceder o teito de uralita sobre o que traballaba nunha nave da Travesa de Pastoriza, en Arteixo. Ata a zona do sinistro, rexistrado ás 13,00 horas, mobilizáronse efectivos de Urxencias Sanitarias 061 para atender ao ferido. Tamén acudiron Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.

En Porto do Son, outro traballador tamén resultou ferido ao caer desde o teito dunha edificación na que realizaba tarefas no lugar de Fieiro, que pertence á parroquia de Miñortos. Ás 11,40 horas, o operario precipitouse ao chan desde unha unha altura dun tres metros, polo que requiriu ser trasladado ao Hospital do Barbanza.

Por último, no lugar de Penelas de Outeiro de Rei, os servizos de emerxencia tiveron que socorrer a un home que quedou atrapado polas pernas ao caer na gabia na que traballaba e resultar parcialmente sepultado por terra. Tras recibir o aviso de mans dun compañeiro do afectado ás 10,40 horas, a central de emerxencias puxo o caso en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias, Garda Civil, bombeiros de Vilalba e o GES de Friol-Pas. Unha vez liberado, o operario foi evacuado en ambulancia a un centro sanitario, segundo trasladou o CIAE 112 Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta