Galicia reduciu en 2021 o 34% das súas emisións contaminantes respecto de 1990

É a segunda comunidade cunha mellor evolución.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2023 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta publicou que a Comunidade logrou reducir un 34% das súas emisións brutas de gases de efecto invernadoiro (GEI) no ano 2021. Estes datos foron tomados en comparación cos mesmos datos do ano 1990, que foi o que se tomou como referencia a nivel internacional para abordar e harmonizar as políticas climáticas.

En concreto, segundo trasladou a administración autonómica, as cifras oficiais foron proporcionadas polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e indican que Galicia mantén as súas emisións por baixo dos niveis de fai tres décadas e mesmo mellora a súa posición a nivel nacional, situándose en 2021 como a segunda comunidade cunha mellor evolución.

No ano 2020, Galicia era a terceira comunidade autonómica e estaba moi preto da primeira, Castela e León. Isto produciuse por unha redución do 34,7% que se deu no mesmo período. Desta maneira, e tomando como referencia a absorción de CO2 debido aos cambios de uso do chan e a silvicultura, a comunidade galega liderou a clasificación estatal en 2021. Así, foi o territorio que máis dióxido de carbono captou ese ano e tamén o que máis incrementou a súa capacidade de absorción en termos absolutos. Galicia logrou mellorar un 85% en comparación co ano 1990.

Ademais, este balance confirma que a Comunidade avanza en liña cos obxectivos intermedios establecidos pola Unión Europea neste ámbito e que, segundo a última revisión acordada, fíxanse como meta reducir nun 57% as emisións contaminantes para o ano 2030.

A Xunta expresou que "Galicia parte dunha boa posición para alcanzar canto antes e, como moi tarde, no ano 2050 o desafío da neutralidade climática, é dicir, compensar as emisións que se realicen no territorio coa capacidade de absorción natural de CO2, un compromiso político da Xunta que a futura Lei do clima galega elevará a obrigación legal".

gases industriais - Ambientum
gases industriais - Ambientum

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta