Rueda di que "tres da cada cinco" grandes empresas están na sociedade mixta para xestionar renovables

O Parlamento aproba pedirlle ao Goberno central "certezas" coa aprobación da modificación da planificación eléctrica da rede de transporte.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2023 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que a sociedade mixta impulsada polo Goberno galego pero de maioría privada para participar en proxectos renovables superou xa "o obxectivo inicial" de achegas económicas con "máis de 20 millóns de euros" captados.

Díxoo durante a súa resposta á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na sesión de control do pleno do Parlamento de Galicia celebrado este mércores, onde o titular da Xunta sinalou que, finalizado o pasado 30 de xuño o prazo inicial para comprometer investimentos, mostraron o seu interese en participar nesta sociedade "tres de cada cinco" das grandes empresas ás que o Goberno autonómico dirixía esta inciiativa.

A cración desta sociedade mixta enfocada a participar en proxectos eólicos e doutras enerxías renovables que terá unha maioría accionarial privada está orientada a impulsar a "enorme potencialidade" de Galicia en renovables, un "dos obxectivos prioritarios" para o Goberno autonómico, segundo destacou Rueda.

Fontes do Goberno galego concretaron que as empresas que mostraron interese son 18 das 30 grandes compañías con sede ou actividade en Galicia ás que, inicialmente, dirixíase esta fase.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no Parlamento de Galicia. XUNTA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no Parlamento de Galicia. XUNTA | Fonte: Europa Press

PLANIFICACIÓN ELÉCTRICA

O Parlamento de Galicia aprobou este mércores por unanimidade unha Proposición Non de Lei do Grupo Popular que demanda ao Goberno central "certezas" coa aprobación da modificación da planificación eléctrica da rede de transporte para dar viabilidade técnica a proxectos estratéxicos.

Entre os citados polo deputado popular encargado de defender a PNL, Moisés Rodríguez, están Stellantis, Altri, Forestal do Atlántico, Ignis, Resonac ou Fisterra Energy. Para os populares é "clave" dispor dunha rede eléctrica "apropiada e suficiente" que permita avanzar cara a un sistema eléctrico baseado na enerxía renovable e "garantir unha subministración de enerxía seguro, continuo e de alta calidade para todos os consumidores".

"Vémonos obrigados a volver presentar esta iniciativa, porque, por desgraza, o Goberno de Pedro Sánchez non fixo os deberes e non cumpriu os mandatos dos acordos xa aprobados desde Galicia", ha lembrando, citando o tres proposicións non de lei xa aprobadas no Parlamento galego e que demandaban sacar adiante actuacións de planificación da rede eléctrica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta