Por Europa Press / Redacción | VIGO | 06/07/2023 | Actualizada ás 13:07
Os sindicatos do metal da provincia de Pontevedra manteñen o pulso á patronal este xoves na quinta xornada de folga convocada con motivo do bloqueo na negociación do convenio provincial do sector.
Desde media mañá miles de traballadores percorren as rúas de Vigo nunha nova marcha de protesta que finalizará ás portas da planta viguesa do grupo Stellantis. Os manifestantes corean de novo consignas como "somos traballadores e non escravos" ou " se o IPC sobe os salarios tamén".
Os responsables dos distintos sindicatos advertiron de que "á patronal acábanselle as escusas" e instaron aos representantes das empresas a volverse a sentar para desbloquear as negociacións, iso si, "sen condicións".
Así, insistiron en que as demandas dos sindicatos non son desproporcionadas e subliñaron o éxito no seguimento da folga, secundada "de forma voluntaria e sen incidentes".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.