Publicadas sete convocatorias de oposicións da Xunta para cubrir 195 prazas de emprego público

A maioría das prazas son de acceso libre

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2023 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou sete convocatorias de oposicións para cubrir 195 prazas de emprego público na Xunta. Do total de prazas convocadas, 146 son de acceso libre e 49 de promoción interna.

As convocatorias publicadas inclúen procesos selectivos para reforzar distintos centros e servizos da Xunta. En concreto, convócanse 130 prazas na escala técnica de orientación laboral (A2); 20 na escala técnica de condución (C1); 16 prazas na escala de sistemas e tecnoloxía da información (A1); 10 na escala de letrados (A1); sete prazas na escala de inspección turística; seis na escala superior de orientación laboral (A1) e outro seis prazas na escala superior de estatísticos.

A maioría das prazas son de acceso libre e poderá acceder a elas calquera persoa que cumpra os requisitos e queira acceder a un emprego fixo, estable e de calidade na Administración autonómica. Ademais, as prazas de promoción interna que non queden cubertas sumaranse ás de acceso libre.

Todas as convocatorias inclúen as normas xerais, os requisitos que deben posuír as persoas que queren inscribirse nas probas, os exercicios a realizar e os programas que rexerán os distintos procesos selectivos. Posteriormente, a Xunta publicará a lista de persoas admitidas e excluídas en cada convocatoria. O prazo de inscrición para presentar solicitudes é de 20 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG.

Miles de aspirantes vestíronse de negro como protesta mentres realizan as oposicións de Enfermaría do Sergas, no Recinto Feiral, a 25 de xuño de 2023, en Silleda, Pontevedra. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Miles de aspirantes vestíronse de negro como protesta mentres realizan as oposicións de Enfermaría do Sergas, no Recinto Feiral, a 25 de xuño de 2023, en Silleda, Pontevedra. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta