Estas son as peticións da CEG aos partidos para o 23X

Entre elas reclama o corredor atlántico, a conexión á rede de hidróxeno, os 'Perte' e medidas para a pesca

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/07/2023 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

Evitar a creación de novos impostos e eliminar o de patrimonio son algunhas das peticións que inclúe o documento que a confederación de empresarios de Galicia (CEG) enviou aos partidos políticos con representación na comunidade coa vista posta nas eleccións xerais do próximo 23 de xullo.

Trátase dun documento de 14 páxinas dividido en 18 epígrafes no que, entre outras cuestións, os empresarios galegos tamén reclaman simplificación normativa. En concreto, "volver a un sistema de elaboración de normas sosegado, racional e cunha participación adecuada dos sectores afectados".

Como medida "esencial" solicitan que as cotizacións sociais atendan "exclusivamente" a prestacións contributivas, "imputando o custo das demais prestacións aos Orzamentos Xerais do Estado".

En canto a negociación colectiva, ven "importante manter a vixencia dos acordos alcanzados e vixentes neste momento, como garantía de paz social". Sobre o absentismo laboral, avogan por "reducir a duración media e prevalencia dos procesos de incapacidade temporal" nas empresas. Mentres que acerca da contratación pública inciden en que o prezo dos contratos "debe ser suficiente".

GALICIA

Entre algunhas das cuestións específicas para Galicia, o presidente da CEG subliña que é "inaprazable o pleno despregamento do corredor atlántico de mercadorías", así como concluír a interconexión dos principais portos de Galicia co ferrocarril.

Tamén advirte como "imprescindible" que España aposte pola conexión férrea con Portugal e ve "prioritaria" para a comunidade unha modificación da planificación eléctrica que teña en conta proxectos estratéxicos.

A conexión de Galicia á rede do hidróxeno, o desenvolvemento de mecanismos "que permitan optimizar a articulación dos Perte" e medidas para o sector pesqueiro como redución do IVE dos seus produtos son outras das propostas que contén o documento da CEG.

O presidente da CEG e secretario xeral de Anfaco-Cecopesca e vicepresidente da CEP, Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa / Carlos Castro - Europa Press / Europa Press
O presidente da CEG e secretario xeral de Anfaco-Cecopesca e vicepresidente da CEP, Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa / Carlos Castro - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta