Dúas persoas investigadas por un incendio forestal en Cenlle que queimou máis dunha hectárea

O lume iniciouse durante unha talla realizada sen medidas de seguridade necesarias.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2023 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

A Policía Autonómica aclarou un incendio forestal no municipio ourensán de Cenlle, ocorrido o 17 de xullo e que queimou 1,20 hectáreas, provocado por mor dunha talla realizada por dúas persoas.

Segundo informa a Xunta nun comunicado, esta talla foi realizada sen as medidas de seguridade necesarias, polo que se remitiron as dilixencias ao xulgado de instrución de garda de Ribadavia.

O lume produciuse na parroquia de Sadurnín, con superficie rasa e arboredo queimado. Na súa extinción traballaron catro avións, tres helicópteros, dous axentes, seis brigadas e catro motobombas.

No que vai de ano, os investigados por incendios forestais en Galicia son 16 persoas, segundo datos da Consellería de Presidencia.

Coche da Policía Autonómica
Coche da Policía Autonómica | Fonte: Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta