Se en Catalunya non existira CiU, terían que inventala, pois a burguesía catalanista nunca podería votar ao PP nin a ERC, nin moito menos ao PSC.
Steamroller, se pensas que o PP "aínda non empezou a facer oposición" definitivamente tés unha memoria histórica de bacteria. Se non fixeron oposición na lexislatura pasada, non me imaxino coma sería a oposición de verdade.
E mira, por moita crise que haxa, a xente que pensa en como chegar a fin de mes non quererá coma presidente do goberno a un aproveitado oportunista que só pensa en sacar tallada electoral da situación. Na lexislatura pasada axitaron os ánimos porque económicmaente a cousa ía ben e os "problemas", máis ben relacionados en como xestionar as vacas gordas eran outros: modelo de Estado, modelo familiar, política hidrolóxica, educativa, de inmigración...
Agora que están as vacas flacas e a xente pensa só en coma chegar a fin de mes, queren un líder con cabeza, alguén que os poida sacar da crise e arrime o brazo no que poida, e non un mono parlanchín oportunista que logo no goberno só quererá privatizar e baixar os impostos ás rendas altas e abaratar o despido, por iso Rajoy trata de vender que está no centro e téndelle a man ao goberno. Se Rajoy non consigue venderse así, non gañará, a xente non o cambiará de guatemala a guatepeor.
De todas maneiras, Rajoy xa se gañou unha enemistade có sector duro do PP, que penso que lle vai ser moi difícl gañar dentro de catro anos (por moita crise que haxa) se os ultras o abandonan. Non vai ser tan fácil, o único que sí que o PP vai ter fácil son as eleccións europeas.
E iso que o goberno non o fixo ben en materia económica, intervén tarde, mal e arrastro. Eu penso que xa hai tempo que tivo que intervir. Se dependese de min, a principal medida que eu tomaría, a medida estrela (máis alá da merda de medida de Corbacho de invitar aos inmigrantes a irse, que é unha medida mala, pouco ambiciosa e que empequenecerá tamén o mercado) eu apostaría por premiar a aquelas constructoras que decidisen converterse en industrias de sectores verdadeiramente productivos (especialmente sectores relacionados có medio ambiente, coas enerxías renovables e có automovilismo ecolóxico) sen despedir a un só obreiro, reutilizándoos (e non seu caso, formándoos) na súa nova industria. Ou incluso poderían fomentar a creación de cooperativas de carácter industrial entre os obreiros desempregados. Matariamos catro ou cinco paxaros dun tiro: o da dependencia do petróleo, o do paro, a nosa excesiva dependencia da construcción e a nosa escasa industrialización, e a longo prazo ata poderiamos solucionar o problema tradicional que temos coa balanza comercial. Pero coma prefiren gastar os cartos devolvendo catrocentos euros a todo o mundo e dándolle dousmilquiñentos euros á Familia Real por cada coello que teñen máis na madrigueira... logo se ata eu non lles voto que non se queixen.
O que pasa é que o PSOE pódeo facer peor ou mellor, pero o PP nunca o faría mellor, e por iso de momento non vexo posiblidades de votalos nin en pintura. E as enquisas din que esa opinión miña (o goberno faino regular, pero a oposición o faría moito peor) é compartida pola maioría de españois.
De todas maneiras, a reedición do tripartito é case segura, non esteas ti tan seguro de que o PP vai recuperar a Xunta, moito terán que cambiar a cousa. Galiza electoralmente falando é coma unha rocha: hai unhas determinadoas tendencias i é moi difícil cambialas. E de momento a tendencia é de ascenso socialsita e vai ser moi difícil cambialo. Ademáis, o poder da votos e o PSOE é o partido con máis poder: a inmensa maioría de galegos están rexidos por un alcalde socialista, ademáis de termos as deputación de Lugo e Coruña, a Xunta e o Goberno central. Non vos vai ser tan fácil voltar. Iso sen contar con que o PP é coma un mal pescador: anque o peixe estea picando un bo rato e de forma moi clara, Feijóo volta sempre coas mans vacías.
Bule bule, ti non eres a metade de crítico do que cres; criticas ao PP e ao PSOE, pero nunca criticas ao BNG, eu recoñecín moitos erros do PSOE, pero ti non recoñeciches un só erro do BNG, nunca; nin sequera algunha vez que lembro che preguntei explícitamente que me recoñeceses un só erro do BNG. Cando eu recoñecín moitos erros do PSOE. E acabo de recoñecerche enriba un e dos gordos.
Respecto ao de Trives, non ocoñezo, e polo tanto non vou opinar con seriedade. De todas formas hai algún caso excepcional máis de unión entre o PP e o PSOE. A ver se algún destes che parece mal:
No 99 xuntáronse en Ceuta para impedir que gobernase o GIL.
No 2000, ano enriba, ano enbaixo, uníronse có PNV en Berriozar para botar ao alcalde de Batasuna.
En Toques, a uníronse ao BNG para entre os tres impedir que o alcade pederasta (o Tocador) fose reelixido alcalde.