Dous investigadores da USC irán a Armenia para recadar datos sobre as estrelas dobres e múltiples

Os datos que extraian da investigación en Armenia serán utilizados posteriormente en Compostela para continuar cas investigacións vixentes.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/08/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A análise das estrelas dobres e múltiples constitúe unha das principais liñas de investigación do Observatorio Ramón María Aller (OARMA) da USC dende os seus inicios. Foi precisamente o seu fundador, o astrónomo e matemático Ramón María Aller Ulloa, quen introduciu na contorna estatal a investigación neste ámbito. 

A chvuia de estrelas ou bágoas de San Lourenzo
A chvuia de estrelas ou bágoas de San Lourenzo | Fonte: EP

Seguindo esta liña, agora os investigadores Jorge Gómez Crespo e Xabier Pérez Couto, pertencentes ao OARMA e ao Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) respectivamente, están a piques de concluír unha estadía de investigación no Observatorio Astrofísico de Byurakan, en Armenia, para desenvolver unha campaña de observación destes sistemas. 

O obxectivo é recadar datos físicos e astrométricos que despois empregarán en Compostela cara á súa explotación científica. Esta campaña realízase por mor do proxecto ‘Astronomía Fundamental de binarias complementarias aos resultados da misión Gaia’, con financiamento do Ministerio de Ciencia e Innovación, unha investigación liderada polo director do OARMA, José Ángel Docobo, que conta tamén coa participación de máis persoal do centro.

Así, a USC, unha vez máis en primeira liña grazas aos seus investigadores,dará continuidade a décadas de estudo destes sistemas que poden ser tratados dende puntos de vista moi diversos e que seguen a ser imprescindibles para o cálculo preciso de masas estelares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta