Policías locais de Ourense súmanse á campaña da DGT para o control do consumo de alcol e drogas

No ano 2022 aumentaron os casos de sancións impostas a condutores baixo os efectos do alcol ou drogas en relación ao ano 2019, tras o parón da pandemia.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 16/08/2023 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

Policías locais de Ourense participan na campaña da Dirección Xeral de Tráfico (DGT) para o control do consumo de alcol e drogas, segundo informa a Subdelegación do Goberno en Ourense. Fíxoo despois de que o seu máximo responsable, Emilio González, supervisase a campaña da DGT de control e vixilancia de alcol e drogas.

Neste sentido, subliñou a importancia que teñen este tipo de campañas para informar os riscos e concienciar á poboación. Por outra banda, agradeceu á Policía Local de Ourense, O Barco de Valdeorras, Celanova e Xinzo que se incorporaron á campaña que se realiza nas vías urbanas e convencionais.

Segundo a Subdelegación do Goberno, no ano 2022 aumentaron os casos de sancións impostas a condutores baixo os efectos do alcol ou drogas en relación ao ano 2019, tras o parón da pandemia.

"O obxectivo fundamental desta campaña é concienciar aos condutores do gran risco que supón conducir baixo os efectos de alcol, drogas ou psicofármacos", sinalou o subdelegado do Goberno, nun acto xunto á subxefa provincial de Tráfico, Andre Conde, e Javier Barja, tenente xefe da Benemérita.

Control de tráfico en Ourense
Control de tráfico en Ourense | Fonte: SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO EN OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta