Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 24/08/2023 | Actualizada ás 13:46
As temperaturas superan os 30 graos centígrados en puntos das provincias de Ourense e Lugo pasadas as 13.00 horas deste xoves, unha xornada na que as máximas rexistrarán unha caída xeneralizada na comunidade galega con respecto aos días precedentes, polo fin da onda de calor.
Con todo, en Vilamartín de Valdeorras xa chegan aos 35,3 graos ás 13.10 horas, e son 34,6 os que marcan os termómetros en Ribas de Sil a esa mesma hora. Larouco rexistra unha temperatura de 33,9 graos e Viana do Bolo, na mesma provincia, 33,5. Pola súa banda, Sarria, en Lugo, situaba o mercurio nos 33,4 graos ás 13.00 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.