Alfonso Rueda pide que a alta velocidade chegue a toda Galicia este ano

O AVE xa chega a Ourense desde hai ano e medio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2023 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, desprazouse este venres ata o Concello ourensán de Piñor para visitar o fin de obra do albergue de peregrinos, un acto no que pediu que "despois de tantas promesas", "non termine o ano" sen que chegue a alta velocidade a toda Galicia. Actualmente, a alta velocidade xa chega a Ourense desde decembro do 2021.

Rueda explicou que "espera sinceramente" que se dea este paso, porque "influiría moitísimo" para desestacionalizar o turismo e para conseguir que "siga vindo xente nos meses non centrais do verán".  "Tiña que chegar hai moitísimo tempo", insistiu o titular autonómico, lamentando que "se fixeron tantas promesas e aínda non se cumpriron".

Durante a visita, Rueda lembrou que Galicia recibiu case un 10% máis de turistas neste ano con respecto ao sete primeiros meses do 2022, a pesar de ser aquel Ano Santo. Neste sentido, defendeu que os meses de verán "son fundamentais" e Galicia está preparada para acoller turistas, pero indicou que "é moi importante que empecen a vir o resto de meses".

Segundo os profesionais das axencias de viaxe, engadiu o presidente, Galicia  "terá un final de ano tamén moi bo con moitas previsións de reservas para os meses de setembro e outubro", algo que describiu como "unha magnífica noticia".

Alfonso Rueda durante un acto en Piñor (Ourense). Xunta de Galicia
Alfonso Rueda durante un acto en Piñor (Ourense). Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta