Falece un septuaxenario nunha praia de Oleiros

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2023 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

Un septuaxenario faleceu esta tarde tras ser sacado da auga na praia de Bastiagueiro Pequeno, no municipio coruñés de Oleiros.

Segundo informou o 112 a Europa Press, ás 13,15 horas recibiron a chamada dos propios socorristas que solicitaban axuda. Ata o lugar desprazáronse os equipos de emerxencias que practicaron as manobras de reanimación, sen éxito. Ademais, dos sanitarios interviñeron Emerxencias de Oleiros, Garda Civil e Policía Local.

Praia de Bastiagueiro, en Oleiros
Praia de Bastiagueiro, en Oleiros | Fonte: turismo de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta