(Vídeo) Grande Amore quenta motores para 'II', o seu segundo disco, con 'Ben Sabe Deus Que O Intentei'

Nos concertos o público tolea ao berro de "Eu non son deste mundo".

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 08/09/2023 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

‘Ben Sabe Deus Que O Intentei’ é un agasallo. ‘Ben Sabe Deus Que O Intentei’ é o último adianto de Grande Amore antes da inminente publicación de ‘II’, o seu segundo disco. ‘Ben Sabe Deus Que O Intentei’ é un himno que por fin pode gozarse en plataformas.

Nuno Pico,Clara Redondo e mariagrep
Nuno Pico,Clara Redondo e mariagrep | Fonte: Aigi Boga

Escucha 'Ben sabe Deus que intentei'

Grande Amore prende a mecha e inicia a conta atrás. ‘II’ verá a luz a próxima semana, pero antes, quenta motores cun tema icónico que xa se consagrou como tal nos directos. ‘Ben Sabe Deus Que O Intentei’ é ese amigo dándoche a man para axudarche a remontar setembro.

Grande Amore leva meses interpretando ‘Ben Sabe Deus Que O Intentei’ nos concertos e o público tolea ao berro de "Eu non son deste mundo"; ten unha forza incontida, contaxiosa. ‘Ben Sabe Deus Que Ou Intentei’ chega tras os adiantos ‘Pelexa’, ‘Do meu corpo van nacer outros corpos’ e ‘Onde ela me quer levar’; todos eles, temas de ‘II’.

E é que Grande Amore, o proxecto desenvolvido por Nuno Pico xunto a Clara Redondo e mariagrep, deu coa tecla. ‘Ben Sabe Deus Que O Intentei’ é un berro desesperado por saír do pozo, un tema que consegue traer luz e facernos bailar. Directo, duro, intenso. Cunha base electrizante capaz de levarnos todo o máis alto e soltarnos desde alí; a adrenalina dun salto ao baleiro.

‘Ben Sabe Deus Que O Intentei’ está producida por Carlangas. As voces foron gravadas por Raúl Pérez na Mina; tamén el correu a cargo da mestura. O máster foi realizado por Cem Oral en Jammin' Masters.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta