Últimos pasos para a creación dunha ferramenta informática que fomenta o contacto entre os órganos de atención a vítimas

O vicepresidente primeiro da Xunta anunciou que, co obxectivo de facilitar o traballo das Oficinas de Atención ás Vítimas, o Goberno galego está a traballar nunha ferramenta informática que favoreza a comunicación e o acceso a datos por parte dos órganos que entran en contacto coas vítimas.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 12/09/2023 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

A Xunta ultima unha ferramenta informática para fomentar o contacto entre os órganos de atención ás vítimas, segundo se expuxo na comisión mixta de coordinación entre o ministerio fiscal e a Xunta. Á mesma, asistiron, entre outros, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes.

Nela, abordáronse, entre outros asuntos, o funcionamento das Oficinas de Atención ás Vítimas (OAV) das sete cidades galegas, as obras previstas en fiscalías e sedes xudiciais da comunidade, e outras cuestións relacionadas con medios materiais e tecnolóxicos. O vicepresidente primeiro da Xunta anunciou que, co obxectivo de facilitar o traballo das Oficinas de Atención ás Vítimas, o Goberno galego está a traballar nunha ferramenta informática que favoreza a comunicación e o acceso a datos por parte dos órganos que entran en contacto coas vítimas.

Deste xeito, informa o departamento autonómico, "facilítase a coordinación entre todos os operadores implicados e evítanse posteriores victimizacións garantindo o acceso das vítimas ao servizo". En canto ás novas infraestruturas xudiciais, o vicepresidente primeiro explicou que están en proxecto de redacción as obras do novo edificio xudicial da Estrada e a nova sede do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), en Santiago de Compostela.

Reunión da comisión mixta de coordinación entre o ministerio fiscal e a Xunta
Reunión da comisión mixta de coordinación entre o ministerio fiscal e a Xunta | Fonte: MONCHO FUENTES

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta