Unha guía da Xunta aglutina estratexias para contribuír ao "benestar emocional" en centros educativos

Rueda reivindica que "coidar o benestar e a saúde mental" dos alumnos é "un obxectivo prioritario" para o Executivo autonómico

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2023 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou a publicación dunha guía para o desenvolvemento do 'Plan de Benestar Emocional', que vai estar a disposición de toda a comunidade educativa e que ten por obxectivo "avanzar na prevención e na identificación de situacións que poidan causar malestar emocional" no ensino.

Nesta liña, o titular do Goberno galego afirmou que "coidar o benestar e a saúde mental" dos alumnos "é un obxectivo prioritario para a Xunta". A modo de argumento, indicou que este curso se destinan máis de 3,3 millóns a desenvolver unha decena de accións co fin de garantir e mellorar o benestar emocional nos centros de ensino.

Todas elas están enmarcadas na 'Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025', que ten entre as súas liñas de actuación a mellora do benestar emocional e os hábitos de vida saudable. A Consellería de Educación traballa desde a perspectiva da sensibilización, prevención e formación, o que contribúe, incide a Xunta, á xestión ou derivación dos casos ao sistema de saúde, para o que se conta co apoio do departamento autonómico de Sanidade.

Rueda preside a reunión semanal do Executivo autonómico
Rueda preside a reunión semanal do Executivo autonómico | Fonte: DAVID CABEZÓN @ XUNTA

INDICACIÓNS E ESTRATEXIAS

Educación deseñou esta guía para facilitar aos centros educativos, "con indicacións prácticas e sinxelas", a aplicación das diferentes medidas incluídas no plan. "Inclúe exemplos prácticos de posibles situacións que poden darse nas aulas" para saber como actuar e revolvelas, indicou Rueda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta