A Xunta traslada ao embaixador de España en México o compromiso de Galicia coa "internacionalización" da súa economía

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2023 | Actualizada ás 20:36

Comparte esta noticia

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, finalizou a súa axenda de viaxe en México cun encontro co embaixador de España no país, Juan Duarte, a quen lle trasladou o compromiso da Xunta coa internacionalización da economía galega, con Latinoamérica como destino de referencia.

Na reunión, tal e como trasladou o departamento autonómico, Lorenzana asegurou que México vai ser sempre un destino preferente para o tecido empresarial galego polos lazos comerciais xa consolidados. O obxectivo, engadiu, é "seguir detectando en que sectores industriais compartimos intereses para abrir novas oportunidades de negocio a empresas" galegas.

A conselleira recoñeceu que misións comerciais como a que encabezou nesta viaxe acompañando a máis dunha vintena de pemes galegas é axudarlles desde o plano institucional a situar os seus produtos e servizos. E, respecto diso, agradeceu que o interese sexa mutuo.

Na última xornada de estancia en México, Lorenzana tamén visitou a empresa galega Antea Group, con sede central na Coruña. Especializada no desenvolvemento integral de proxectos de enxeñaría, infraestruturas e transporte, a conselleira destacou dela o seu compromiso co medio ambiente e a sustentabilidade.

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, nunha visita institucional en México.. XUNTA
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, nunha visita institucional en México.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta