A humanización da rúa Nova de Caranza, en Ferrol, provocará cortes de tráfico a partir do luns

As obras, financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, afectan á estrada FE-14 entre os puntos quilométricos 0 e 0+600, en Ferrol.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 29/09/2023 | Actualizada ás 16:42

Comparte esta noticia

As obras de humanización da rúa Nova de Caranza de Ferrol obrigarán a cortar o tráfico a partir das 08.00 horas do próximo luns, día 2 de outubro, e ata que se terminen os traballos. En concreto, será o tramo comprendido entre a rúa Santa Comba e a rotonda Poeta Uxío Novoneyra o que permanecerá restrinxido á circulación. Este corte tamén afectará á liña C do transporte urbano, que se desviará por outro camiño.

As obras, financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, afectan á estrada FE-14 entre os puntos quilométricos 0 e 0+600, en Ferrol. O obxectivo é adaptala a un deseño máis adecuado ás necesidades urbanas actuais, segundo recolle o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana nun comunicado.

Para manter a comunicación entre os barrios de Esteiro e Ultramar, establecéronse dúas rutas alternativas, que pasan por percorrer as rúas da Trincheira, Nicasio Pérez e Castela ou a Avenida de Esteiro, Ricardo Carvalho Calero e Castela. Pola súa banda, manterase o tránsito peonil polo paso inferior en tanto a compañía titular non realice o desvío definitivo da liña telefónica. Unha vez estea feito, cortarase tamén o paso a peóns para finalizar as obras.

Imaxe dos traballos na rúa Nova de Caranza, en Ferrol
Imaxe dos traballos na rúa Nova de Caranza, en Ferrol | Fonte: Ministerio de Transportes

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta