Feridas sete persoas nun coche que ardeu tras un accidente na AP-9 en Tui

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2024 | Actualizada ás 21:04

Comparte esta noticia

Sete persoas resultaron feridas tras saír un vehículo da vía e comezar a arder na AP-9 ao seu paso polo municipio pontevedrés de Tui. Segundo informou o 112, foi ao fío das 18,30 horas cando un particular deu a voz de alarma e explicou que os feridos, todos ocupantes do mesmo vehículo, atopábanse fóra do coche.

A central de emerxencias deu aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros do Porriño, Garda Civil, Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui e aos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros realizaron labores para extinguir o incendio do vehículo, que ardeu por completo, e as persoas feridas foron trasladas ao Álvaro Cunqueiro e ao Virxe de Fátima.

Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia / URXENCIAS SANITARIAS-061 - Arquivo / Europa Press
Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia / URXENCIAS SANITARIAS-061 - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta