O Concello de Vigo aprobará unha modificación de crédito para pagar parte do sobrecusto polos cambios no ascensor HALO

O prazo de fin de obra adiántase a decembro e o suplemento de crédito permitirá que non se paralicen os traballos. As obras do ascensor HALO comezaron a principios de agosto de 2022, e o prazo de execución era de 12 meses. O custo da obra cifrouse inicialmente en 7,2 millóns, cando se presentou o proxecto, pero foi finalmente adxudicada por 12,5 millóns. Coa modificación do proxecto aprobada este verán, o investimento sitúase en algo máis de 15,7 millóns de euros, dos que uns 6 millóns proceden de fondos europeos.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 02/10/2023 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia