Máis de 12.000 gandeiros galegos recibirán en outubro axudas para paliar as consecuencias da guerra e da seca

Segundo informou informou o Ministerio, a axuda será de 143,48 euros por cada vaca de carne; 15,89 por ovella e cabra de carne; 52,12 por vaca de leite e 8,66 por ovella e cabra de leite.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 03/10/2023 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

O Goberno repartirá 332,3 millóns de euros entre un total de 70.267 gandeiros (máis de 12.000 deles de Galicia) no marco da axuda extraordinaria para compensar a situación provocada pola seca e as condicións derivadas do conflito bélico en Ucraína. Nun comunicado do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación adiantouse que as axudas, que supoñen o 94 % do orzamento asignado a esta liña de apoio, serán ingresadas nas contas bancarias dos gandeiros no mes de outubro.

Esta axuda extraordinaria concedeuse de oficio aos seus beneficiarios, produtores de carne de vacún (vacas abastecedoras), de ovino e de caprino, así como de leite de vaca, ovella e cabra. Así mesmo, concedeuse cando o importe a percibir resultaba igual ou superior aos 200 euros.

No mes de xullo, en base aos datos provisionais de explotacións gandeiras subvencionables e número de animais, realizouse un axuste lineal dos importes unitarios por cabeza para as zonas de afección alta de seca, co obxectivo de evitar superar a contía máxima estimada por especie e orientación produtiva. Así, segundo informou informou o Ministerio, a axuda sería de 143,48 euros por cada vaca de carne; 15,89 por ovella e cabra de carne; 52,12 por vaca de leite e 8,66 por ovella e cabra de leite.

Por comunidades autónomas, Estremadura (99,8 millóns), Andalucía (59,1 millóns) e Castela e León (55,9 millóns) son as rexións nas que se reparte maior importe desta axuda extraordinaria, mentres que Baleares (693.291 euros) e Canarias (479.729 euros), concentran as contías menores. En canto a número de gandeiros, Castela e León (12.698), Galicia (12.152) e Estremadura (10.469) son as que máis beneficiarios acumulan, á vez que A Rioxa (298) e Canarias (518) pechan a táboa.

Vacas
Vacas | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta