Os permisos para facer queimas agrícolas por particulares reactívanse este martes

Desde Medio Rural remarcan que a comunicación debe efectuarse con dous días de antelación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2023 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia reactiva este martes, 17 de outubro, as notificacións para levar a cabo queimas agrícolas por parte de particulares.

Segundo explican nun comunicado, no portal de internet destinado a comunicar as queimas de restos agrícolas, os cidadáns deberán confirmar que se trata dunha queima correspondente a palla ou material natural, agrícola, non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas e/ou gandeiras.

Mentres, aos interesados que chamen ao 012 para comunicar a queima preguntaráselles tamén respecto diso, para que confirmen se se trata do tipo de material e circunstancias indicadas e poder continuar co proceso de comunicación.

Remarcan que a comunicación debe efectuarse con dous días de antelación.

Doutra banda, tamén se retomen desde este martes as solicitudes de autorización para efectuar queimas de restos forestais amontoados. Neste caso, é necesario contar con autorizaciópn administrativa, dado o maior risco da actuación.

O conselleiro do Medio Rural, José González  foto xoán crespo. XOÁN CRESPO
O conselleiro do Medio Rural, José González foto xoán crespo. XOÁN CRESPO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta