Cada galego reciclou o pasado ano 30 quilos de envases lixeiros e de papel-cartón

O que supón un incremento de case un 3 % respecto ao ano anterior.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2024 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

Cada galego reciclou o pasado ano unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, o que supón un incremento de case un 3 % respecto ao ano anterior. Segundo informou o Executivo galego, os datos enmárcanse no traballo conxunto desenvolvido nos últimos anos pola Xunta e Ecoembes.

Así, segundo os datos correspondentes do ano 2023, en Galicia recuperáronse un total de 73.687 toneladas de envases de orixe doméstica, case un 6 % máis que o que se reciclaba fai cinco anos. Por tipo de material diferéncianse en 37.640 toneladas de envases plástico, 23.781 toneladas de papel-cartón, 11.566 toneladas de latas e outros envases metálicos e 700 toneladas de recipientes de madeira.

Desta cantidade, as maiores das achegas procede dos 57.680 colectores amarelos e azuis que hai en Galicia e dos que recuperaron o ano pasado 47.863 toneladas de envases de orixe doméstica, case o 65 % do total, un dato que reflicte a importancia da separación que se fai nos propios fogares.

En concreto, cada galego contribuíu o ano pasado á reciclaxe dunha media de 15,2 quilos de papel e cartón e de 15,1 quilos doutro tipo de envases lixeiros, o que confirma a tendencia ascendente dos últimos anos e o compromiso e a sensibilización cada vez maior da poboación galega coa separación en orixe.

Outro 9 % das toneladas recicladas en Galicia (6.751) proceden da recollida separada a nivel privado que se realiza en lugar que concentran unha gran afluencia de publico nos que se xera moitos residuos de envases. Por último, o 25,9 % restante dos envases lixeiros e de papel-cartón recuperados o pasado ano en toda a comunidade (19.073 toneladas) teñen a súa orixe nas plantas de residuos que tratan a fracción resto.

Colectores de reciclaxe
Colectores de reciclaxe | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta