Denuncian que tres centros de educación infantil impiden o exercicio da folga á traballadoras

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/10/2023 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

CCOO denuncia que tres centros de educación infantil impiden que as súas traballadoras poidan exercer o seu dereito á folga tras a convocatoria de folga no sector da Educación Infantil de 0 a tres anos. Trátase dos centros El Olivo, O Xardín e Lúa, en Vigo.

Un neno nunha escola infantil
Un neno nunha escola infantil | Fonte: Ana Varela - Xunta de Galicia.

No primeiro día de folga das catro xornadas convocadas neste sector a nivel estatal, as traballadoras destes centros educativos non puideron exercer o seu dereito de folga, motivo polo que dende a Federación Ensino de CCOO Galicia anunciaron que "tomarán medidas contundentes" para defender os seus dereitos e os de todas as persoas traballadoras. "Ten que quedar claro que incumprir as normas non sairá de balde", dixo.

A orde do 17 de outubro de 2023, pola que se establecen os servizos mínimos dirixidos aos centros de educación infantil de titularidade pública con xestión externa, deixa ben claro e sen dúbida alguna que non afecta aos centros de titularidade privada, pero estes, de forma interesada, tamén o están aplicando.

"Un abuso máis nun sector onde as traballadoras teñen condicións laborais precarias e cuns salarios non acordes coa súa formación e responsabilidade", critica o sindicato.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta