Ana Miranda pregunta a Europa se a prórroga da concesión da AP-9 vulnera normativa europea: "É un escándalo"

"Esta prórroga é unha decisión inadmisible que só beneficia á empresa concesionaria", manifestou a eurodeputada do BNG, á vez que se pregunta "que intereses escuros ten o PP para tomar esta decisión que prexudica a todos os galegos e galegas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2023 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, trasladou á Comisión Europea, a través dunha pregunta parlamentaria, a "posible vulneración da normativa europea na ampliación da AP-9", lembrando que en agosto de 2023 entrou en vigor a última prórroga da concesión desta autoestrada, que estará en vigor ata 2048.

"É un escándalo que os galegos e galegas teñamos que estar a pagar 25 anos máis pola AP-9 por culpa da prórroga que fixo no 2000 un goberno do PP, profundando na discriminación de Galicia", denunciou a eurodeputada do Bloque.

Segundo trasladaron os nacionalistas nunha nota de prensa, no documento enviado á Comisión Europea pregunta "en que situación se atopa o procedemento de infracción iniciado no 2021 referido a ese período de explotación extra, sen convocar unha licitación pública".

En concreto, destacan, no texto Miranda pregunta se considera que esa prórroga extra vulnera a lexislación europea sobre competencia e se pensa que esa concesión debe finalizar xa.

"Esta prórroga é unha decisión inadmisible que só beneficia á empresa concesionaria", manifestou respecto diso, á vez que se pregunta "que intereses escuros ten o PP para tomar esta decisión que prexudica a todos os galegos e galegas".

Saída da AP-9 á Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela
Saída da AP-9 á Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela | Fonte: AUDASA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta