"O xardín é unha obra de arte", lema para o 2024 do concurso internacional de xardíns de Allariz

O concello abriu xa a convocatoria para presentar propostas de cara ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz 2024. O día 30 de novembro será o derradeiro día para facelo.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 28/10/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O prazo para enviar propostas ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz, que celebrará a súa décimo cuarta edición en 2024, remata o 30 de novembro. O tema escollido para esta convocatoria é “O xardín é unha obra de arte”, co que se pretende reflexionar sobre a relación entre a natureza e a creación artística.

Presentación da XIII edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz. Foto: Comunicación Concello de Allariz.
Presentación da XIII edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz. Foto: Comunicación Concello de Allariz.

Este evento é unha iniciativa pioneira a nivel do estado, celébrase desde o 2010 na vila ourensá e consiste na exposición de varios proxectos de xardíns efémeros seleccionados por un xurado internacional entre as propostas recibidas. Cada ano move a milleiros de visitantes movidos pola curiosidade e sobretodo atraídos polo paisaxismo e a arte contemporánea. O obxectivo é promover a cultura do paisaxe, a educación ambiental e o desenvolvemento sustentable.

As bases do concurso están dispoñibles na páxina web do festival, onde tamén se pode consultar o formulario de inscrición e os requisitos técnicos e administrativos. As propostas deben ser orixinais e inéditas, e deben adaptarse ao espazo asignado polo festival, que ten unha superficie aproximada de 200 metros cadrados.

Os autores dos proxectos seleccionados poderán ver a súa proposta executada no 2024 e os xardíns participarán no Premio do Público, recoñecemento que se outorga ao máis votado polos visitantes do festival.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta