Santiago non se pecha a outra solución para o parking do CHUS e pide á Xunta que facilite "a súa proposta"

A rexedora dixo que a situación de tráfico que se vive no CHUS é "absolutamente inhumana" e "insustentable no tempo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2023 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, defendeu este luns a proposta municipal para a construción dun novo aparcadoiro no Hospital Clínico, aínda que dixo que non se pecha a que haxa "outra solución", polo que instou á Xunta a "pór encima da mesa cal é a súa proposta".

A preguntas dos medios, a rexedora dixo que a situación de tráfico que se vive no CHUS é "absolutamente inhumana" e "insustentable no tempo" polo "caos de tráfico" que se xera no hospital, especialmente para aqueles pacientes que veñen de fóra da cidade. Fronte a isto, defendeu a cesión dunha parcela á Xunta para a construción dun aparcadoiro de 400 prazas, que "podería ser unha solución" aínda que "non completa" á situación.

"Pero non nos negamos a que haxa outra solución e a Xunta debería pór encima da mesa cal é a súa proposta", dixo Goretti Sanmartín, que reclamou que Santiago "non sexa discriminada" nesta cuestión con "respecto doutras cidades". En canto a investimento da Xunta, a alcaldesa de Santiago tamén esixiu un compromiso en materia de vivenda pública coa cidade, onde hai "máis de 800 persoas no rexistro de demandantes".

Así mesmo, ratificou que a intención do goberno local é "reactivar o parque comarcal de Bombeiros", algo para o que xa se mantiveron encontros e a rexedora ve "compromiso" tanto por parte da Xunta como da Deputación da Coruña. Ademais desta reactivación, confiou en que este paso poida supor un incremento de efectivos no parque comarcal.

CHUS, Hospital Clínico de Santiago
CHUS, Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Sergas - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta