O 90% dos galegos perciben como positiva a presenza de turistas en Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2023 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

Entre o 86 e o 90 por cento dos galegos percibe de forma positiva ou moi positiva a presenza de turistas en Galicia, segundo se reflicte nunha sondaxe elaborada pola área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia.

O director deste organismo, Xosé Merelles, desvelou este martes o dato durante a súa participación no 'Foro conversas: cara a un turismo consciente', organizado por Radio Galicia e onde reivindicou a hospitalidade dos galegos.

Segundo a Enquisa de Residentes, con datos deste ano, a valoración dos galegos sobre o turismo é dun 8,2 entre os que teñen unha relación directa ou indirecta co turismo e dun 7,6 o resto da poboación.

"Cifras moi boas en ambos os casos, que nos permiten establecer unha visión global da situación e seguir avanzando para ofrecer un modelo turístico ordenado e sustentable que nos axude a repartir territorialmente os beneficios que o turismo ofrece e incrementar así o grao de satisfacción da sociedade galega", dixo Merelles.

Un grupo de turistas canta cunha tuna nunha praza de Santiago de Compostela
Un grupo de turistas canta cunha tuna nunha praza de Santiago de Compostela | Fonte: César Argina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta