Unha enfermeira atropelada en Ourense atópase hospitalizada en estado moi grave

Xa o pasado sábado outra muller foi vítima dun atropelo na cidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2023 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

Unha nova enfermeira atropelada o pasado sábado en Ourense atópase hospitalizada na mañá deste luns en estado moi grave, segundo explican a Europa Press fontes coñecedoras da situación. Segundo informa o diario 'La Región' na súa edición deste luns esta enfermeira menor de 30 anos foi atropelada por un taxista.

Hospital de Ourense
Hospital de Ourense | Fonte: ourense.gal

O pasado sábado, sobre as 8,00 horas, un particular deu aviso ao 112 Galicia dun atropelo dun coche a unha muller na avenida Xoán XXIII, á altura do Banco Sabadell. Entre outros medios, foron avisados Policía Local, bombeiros e Protección Civil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta