Colisión múltiple na AP-9 ao seu paso por Santiago: tres feridos trasladados ao hospital

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2023 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas nunha colisión múltiple con tres vehículos implicados rexistrada na tarde deste luns na autoestrada AP-9 ao seu paso por Santiago de Compostela. O sinistro tivo lugar ás 14.30 horas á altura do Castiñeiriño, ata onde se mobilizaron efectivos de Urxencias Sanitarias e profesionais de emerxencias, segundo informou o CIAE 112 Galicia. Os tres feridos foron evacuados en ambulancia ao Hospital Clínico da capital galega.

Saída da AP-9 á Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela
Saída da AP-9 á Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela | Fonte: AUDASA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta