Queres saber como foi a evolución das osquestras en Galicia?

A Biblioteca de Galicia acolle a exposición 'Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia', que fai un percorrido pola historia das agrupacións mediante carteis, programas de festas, fotografías e discos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2023 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

A Biblioteca de Galicia acolle a exposición 'Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia', que fai un percorrido pola historia das agrupacións mediante carteis, programas de festas, fotografías e discos. 

Festival de Orquestras de Verbena, na Cidade da Cultura, a 25 de setembro de 2021, en Santiago de Compostela
Festival de Orquestras de Verbena, na Cidade da Cultura, a 25 de setembro de 2021, en Santiago de Compostela | Fonte: Álvaro Ballesteros - Arquivo

A mostra, que foi inaugurada este mércores polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, parte da catalogación de carteis que conserva a institución na Cidade da Cultura.

Así, está comisariada por Zósimo López e Henrique Neira, partícipes do único estudo con metodoloxía científica que se realizou ata o momento sobre este sector e é unha publicación da Universidade de Santiago titulada 'Do palco ao escenario', coordinado por Xaime Fandiño.

Segundo informou a Xunta, as pezas que compoñen a obra pertencen aos fondos da Biblioteca de Galicia e doutras institucións como a Biblioteca de Pontevedra, que conserva unha colección de 80 carteis de festas de posguerra dixitalizados en Galicia.

O percorrido abarca desde as orixes destas agrupacións nas primeiras décadas do século XX a partir das bandas de música tradicionais, ata converterse en grandes espectáculos e reiventándose para captar á mocidade e adaptarse aos novos tempos. 

Neste sentido, o conselleiro destacou a "gran importancia" que teñen as orquestras de verbena en Galicia "tanto como unha forma de lecer moi arraigado na sociedade" como un "un tecido económico-produtivo en constante desenvolvemento".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta