A vivenda en aluguer non para de subir, un 7% máis en outubro

Sobe en todas as principais cidades galegas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2023 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

O prezo da vivenda en aluguer en Galicia segue en aumento e, con respecto a outubro do ano pasado, é un 7% máis cara. Ademais, tamén se eleva en comparación do mes anterior un 2,2%, o que segue a mesma tendencia que a media e atópase actualmente en 8,44 euros por metro cadrado, segundo os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa. É a sétima subida detectada en 2023.

No conxunto de España, o prezo da vivenda en aluguer en España situouse en 11,23 euros por metro cadrado no mes de outubro, cifra un 7,1% superior á do mesmo mes de 2022 e un 0,7% por encima da do mes de setembro, segundo os datos do Índice Inmobiliario de Fotocasa. Este repunte mensual do 0,7% é a primeira subida que rexistra o prezo do aluguer tras cinco meses consecutivos de descensos.

Por provincias, en tres das catro increméntase o prezo interanual da vivenda, de maneira que na Coruña sobe un 9,3%; en Pontevedra, un 4,7%; e en Ourense, incrementouse un 4,5%. Se se ten en conta o prezo, Pontevedra é a máis cara, con 9,30 euros/m2 ao mes; seguida da Coruña, con 8,59 euros/m2 ao mes; Ourense con 6,52 euros/m2 ao mes; e Lugo, con 6,37 euros/m2 ao mes.

En todos os municipios analizados o prezo das vivendas en aluguer incrementouse respecto ao ano anterior. A cidade de Oleiros é a que máis incrementos acumula en outubro cun 17%. Séguenlle, A Coruña capital, con 10,6%; Ourense capital (10,4%), Santiago de Compostela (9,9%), Ferrol (8,4%), Vigo (5,9%), Pontevedra capital (5,0%) e Lugo capital (2,0%).

A orde dos municipios por prezo é: Sanxenxo (13,87 €/m2 ao mes), A Coruña capital (10,43 €/m2 ao mes), Oleiros (9,70 €/m2 ao mes), Santiago de Compostela (9,69 €/m2 ao mes), Vigo (9,67 €/m2 ao mes), Pontevedra capital (8,37 €/m2 ao mes), Vilagarcía de Arousa (7,52 €/m2 ao mes), Ourense capital (6,81 €/m2 ao mes), Lugo capital (6,76 €/m2 ao mes), Ferrol (6,30 €/m2 ao mes) e Narón (6,17 €/m2 ao mes).

Vivenda en aluguer. O prezo dos pisos sege subindo
Vivenda en aluguer. O prezo dos pisos sege subindo | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta