Barcos galegos tamén matan centos de quenllas para vender as súas aletas

Un buque con bandeira portuguesa e base en Burela, Ártico, foi apañado en Vigo con 59 toneladas destas especies. Esta práctica, coñecida como finning, esquilma poboacións de escualos en todo o mundo.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 22/06/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Hai unhas semanas foron incautadas en Vigo 59 toneladas de quenllas coas aletas cortadas, práctica coñecida como finning. Viñan nun colector frigorífico e son propiedade do Ártico. O Ártico é un palangreiro, con bandeira portuguesa pero con base en Burela.

Cortando aletas dunha quenlla
Cortando aletas dunha quenlla | Fonte: pescandotiburones.com

Este buque foi denunciado por Greenpeace por esquilmar caladoioro e tamen polos seus tripulantes por estar a traballar en condicións de escravitude. Criticaban que fosen tratados de maneira ilegal a bordo do barco.

O barco é propiedade de Pescarias Cayon & Garcia LDA, e pesca no outro lado do mundo en augas internacionais apenas na liña que separa o límite das 200 millas, a Zona Económica Exclusiva, de Nova Zelandia. Greenpeace denuncia que o palangre xera moitas capturas accidentais, entre elas quenlla, tartaruga e aves mariñas que se atopan ameazadas ou en perigo de extinción.

A pesca con palangre pode producir capturas accidentais, pero non é o caso do Ártico. O cargamento incautado en Vigo, levantou as sospeitas de que 59 toneladas de quenllas. "Non poden ser cousa do azar, senón que este barco pirata que di pescar atún, o que está a pescar é quenlla", sinalan desde Greenpeace. Das 190 toneladas de peixe, 59 toneladas eran as especies de quenllas, incluíndo 4.5 toneladas de aletas.

"O finning ou cortarlle a aleta ás quenllas e tirar o resto pola borda é unha práctica que está a levar a especies de quenllas en todo o mundo ao bordo da extinción", denuncian desde Greenpeace. A Unión Europea prohibiu esta práctica así como o mantemento a bordo, o transbordo e o desembarco de aletas de quenlla en barcos con bandeira Europea, sen importar en que parte do mundo pesquen. Ademais dez illas do Pacífico protexeron as súas augas, e prohibiron esta práctica ilegal.

Quenllas mortas tras ser pescadas de xeito ilegal
Quenllas mortas tras ser pescadas de xeito ilegal

"Está claro que este pesqueiro violou varias leis, de varios países", indica a organización ecoloxista."O Ártico é un deses barcos que non debería de seguir pescando", engade. Por iso, e en vista do ocorrido, engadirá este barco ás listas negras da pesca ilegal e reclamará á Comisión Europea que investigue estes accidentes. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Ricardo

A foto non corresponde co pé é o artigo é capcioso: A pesca de tiburón esta controladísima en Europa e o finning realizase por pesqueros doutros países (americans e asiáticos) . Ao pesqueiro ese portugués o acusarían de que os troncos de tiburón estaban separados das súas aletas, o que non está permitido en Europa. Pero iso non é finning: finning é pescar as aletas e atirar co resto. E sospeitoso que Greenpeace métase tanto cos pesqueiros galegos e portugueses, que adoitan cumprir a normativa da UE, que é a mais extricta en materia de pesca e nada digan dos pesqueiros chineses que si que están esquilmando o mar todo sen ningún control. E a arte do palangre é muito mais selectiva que a do arrastre: coas redes si que se pilla de todo.

1 eusi

Os barcos galegos esquilmando os seus propios mares e despois os alleos? Que raro.... iso son falacias para desprestixiar o bo facer dos empresarios galegos, que todos votan ao PP e uns pouquiños ao Psoe.