A creación de empresas sobe un 8 % en Galicia ata outubro, menos que a media española

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2023 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou a creación de 3.396 empresas entre xaneiro e outubro, un 8 % máis que no mesmo período de 2022, segundo o Estudo sobre Demografía empresarial realizado por Informa D&B. Construción e actividades inmobiliarias e comercio son os dous sectores cun maior número de creacións rexistradas desde xaneiro en Galicia, 644 e 726, respectivamente. Por provincias, A Coruña suma 1.402, Lugo 334, Ourense 317 e Pontevedra os 1.343 restantes.

No mes de outubro, as constitucións en Galicia crecen en maior medida, un 43 %, para chegar a 314, mellor comportamento que o xeneral, onde as cifras soben un 22 %. O investimento de capital realizado na comunidade galega redúcese un 11 % ata 145 millóns de euros, 9 desembolsados en outubro, cando avanza, con todo, un 143 %. Os datos para o conxunto do país caen un 2 % e un 19 %, respectivamente.

Un obreiro durante a construción
Un obreiro durante a construción | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta