A USC elaborará un informe sobre a realidade da economía galega: mercado de traballo, sectores, exportacións...

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, asinou un convenio co reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, polo que a entidade provincial destina 35.000 euros (o 70 % do total) á subvención dun informe sobre a economía galega de 2022.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2023 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, asinou un convenio co reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, polo que a entidade provincial destina 35.000 euros (70 % do total) á subvención dun informe sobre a economía galega de 2022. Segundo informa a Deputación nun comunicado, este proxecto consiste na elaboración dun informe anual cun estudo minucioso e acerca dos problemas socioeconómicos da comunidade galega.

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, asinou un convenio co reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, para un informe sobre a economía galega
O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, asinou un convenio co reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, para un informe sobre a economía galega | Fonte: DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Elaborado polo Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega), analiza o mercado de traballo, os diferentes sectores, así como as exportacións. "A USC ofrece, a través deste informe, unha fotografía completa e rigorosa do contexto económico de Galicia", valora Regueira. "Por iso, desde a Deputación colaboramos con esta iniciativa que contribúe ao progreso e á mellora socioeconómica do país", agrega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta