As vendas do comercio galego son as que menos crecen en outubro

Creceron un 1,8% case tres puntos menos que a media de avance en España.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2023 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

As vendas do comercio retallista creceron un 1,8% en Galicia en outubro en relación ao mesmo mes de 2022, o menor incremento entre comunidades, segundo os datos ofrecidos este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

A alza de Galicia supón case tres puntos menos que a media de avance en España, do 4,5%. Lidera a táboa de autonomías Baleares, onde o repunte é do 8,8%. No tocante ao emprego, hai unha subida do 0,7% da comunidade galega no mes de outubro, a metade do 1,5% de subida da media española. No acumulado do que vai de ano, entre xaneiro e outubro, o incremento de vendas do comercio retallista é do 3,5%, tres puntos menos que a media de subida do 6,5% no Estado.

DATOS ESTATAIS

En España, o comercio retallista rexistrou en outubro un avance das súas vendas do 4,5% en relación ao mesmo mes de 2022, taxa 1,6 puntos inferior á do mes anterior e a máis moderada desde o pasado mes de febreiro. Dentro do sector, as vendas de produtos de alimentación subiron un 1,2% interanual, mentres que as vendas do resto de produtos incrementáronse un 11,9% en comparación con outubro de 2022.

Eliminando os efectos estacionais e de calendario, a facturación do comercio retallista aumentou no décimo mes do ano un 5%, taxa 1,3 puntos inferior á de setembro. En canto ao emprego, o sector rexistrou en outubro un incremento interanual da ocupación do 1,5%, unha décima menos que en setembro. Con este repunte, o emprego no comercio retallista acumula xa 30 meses consecutivos de alzas interanuais.

Unha persoa camiña á beira dunha tenda de roupa sen iluminación./ Carlos Castro - Europa Press - Arquivo / Europa Press
Unha persoa camiña á beira dunha tenda de roupa sen iluminación./ Carlos Castro - Europa Press - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta