Rueda ve nunha "situación normal" á sanidade polo pico de gripe

Garante que se fará "algún tipo de reforzo" na sanidade de ser necesario polo pico da gripe.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2023 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, garantiu "flexibilidade" por "se fai falta algún tipo de reforzo" de ser necesario polo pico da gripe.

A preguntas da prensa sobre medidas da Xunta ás portas do pico da gripe e polas queixas de persoal sanitario debido a falta de profesionais e saturación en urxencias, Rueda dixo que se está "nun momento complicado", aínda que se pon en marcha medidas que "se toman habitualmente e os reforzos que fosen necesarios en situacións moi puntuais".

"Non estamos nunha situación excepcional con respecto a outros anos", asegura. Engade que "este ano ademais se fixo un esforzo importante respecto das campañas de vacinación". "Esperemos que todo transcorra sen maiores sobresaltos, afirma, sobre o que ve "unha situación normal" polo pico da gripe.

Varias persoas vacínanse o día de apertura do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) para a dobre inmunización fronte ao COVID e a gripe
Varias persoas vacínanse o día de apertura do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) para a dobre inmunización fronte ao COVID e a gripe | Fonte: Javier Vázquez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta