O Concello de Dodro prenderá as luces de Nadal na aldea de Vigo

O alcalde, Xabier Castro, será o encargado, xunto cos veciños que queiran achegarse ata Vigo, de acender as luces ás 21,00 horas, segundo informa o Concello.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2023 | Actualizada ás 20:32

Comparte esta noticia

O Concello de Dodro tira de ironía e escolle Vigo, unha aldea do municipio, para acender a súa iluminación do Nadal este sábado sen necesidade de "viaxar ás Rías Baixas".

O alcalde, Xabier Castro, será o encargado, xunto cos veciños que queiran achegarse ata Vigo, de acender as luces ás 21,00 horas, segundo informa o Concello.

"Non necesitamos de millóns de euros para gozar do Nadal, nós tamén temos un Vigo, na parroquia de Dodro, co que acender unhas festas tan nosas, ademais de aforrar diñeiro en desprazarnos ao Vigo de Pontevedra", explica o rexedor.

Casa do Concello de Dodro
Casa do Concello de Dodro | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta