A CIG convoca concentracións este xoves en defensa das pensións públicas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2023 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

O colectivo de xubilados da CIG convocou concentracións este xoves, 14 de decembro, que se celebrarán no sete cidades, en defensa das pensións públicas.

En concreto, as mobilizacións serán en: Ourense (INSS, 11,00 horas); Santiago (Praza do Toural, 11,00 horas); Lugo (Praza Maior, 11,30 horas); A Coruña (Casa do Mar, 12,00 horas); Ferrol (Oficina do INSS, 12,00 horas); Pontevedra (Praza da Peregrina, 12,00 horas) e Vigo (Farol de Urzaiz, 19h).

Xubilados e pensionistas da CIG piden a recuperación de 'dereitos perdidos' coas reformas das pensións. CIG
Xubilados e pensionistas da CIG piden a recuperación de 'dereitos perdidos' coas reformas das pensións. CIG | Fonte: Europa Press

Así, a CIG lanza unha campaña para "desmontar as mentiras sobre o sistema público de pensións", xa que a revalorización das pensións "ten truco" ao facerse respecto ao IPC medio do ano, "en lugar de ter en conta o IPC acumulado". O sindicato denuncia que este mecanismo de cálculo aumenta a perda de poder adquisitivo das pensións. E todo iso mentres as pensións galegas son as segundas máis baixas do país, cun importe de 1.154 euros, un 14% menos que a media do Estado (1.320,4 euros) e só por encima de Estremadura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta