As Somozas estase convertendo "nun perigoso foco de contaminación", segundo Adega

Denuncia na Fiscalía Ambiental a contaminación desta zona e a actuación da Xunta.

Por Galicia Confidencial | As Somozas | 15/12/2023 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

ADEGA vén de presentar unha denuncia na Fiscalía de Medio Ambiente do TSXG para que investigue os posíbeis danos á saúde e ao ambiente derivados das actividades empresas nas Somozas así como as actuacións da Xunta.

Polo industrial de As Somozas afectado pola contaminación
Polo industrial de As Somozas afectado pola contaminación | Fonte: Adega

Nunha recente xuntanza coa Fiscal Delegada de Medio Ambiente e Incendios do TSXG, Carmen Eiró Bouza, ADEGA trasladoulle un completo informe sobre os numerosos episodios de contaminación provocados pola actividade das empresas ubicadas no polígono industrial das Somozas nos últimos 10 anos.

"Destes datos pódese concluir que as actividades das instalacións radicadas neste polo de residuos son unha continua fonte de vertidos e emisións que poñen en risco a saúde ambiental e cidadá", indica a entidade ecoloxista nun comunicado. Asemade, critica que o "desleixo" das administracións tanto autonómica como local contribuiron "a converter As Somozas nun perigoso foco de contaminación, auténtico buraco negro da xestión dos refugallos industriais en Galiza".

O CASO DE SOGRARISA

Así, ADEGA lembra como exemplo o caso das verteduras dun "pó branco" que no verán de 2022 provocou SOGARISA (UTE PMA-CONTECO) nos labores de inertización de refugallos perigosos con CaO (óxido de calcio ou cal viva). Mestas nubes de vapor con compostos en suspensión estendéronse polos arredores afectando a outras empresas do polígono e a fincas veciñas.

ADEGA cursou unha solicitude de información á D. X. e Calidade e Avaliación Ambiental para coñecer os resultados dos controis periódicos realizados pola Administración en aplicación do plan de vixilancia ambiental aprobado na Autorización Ambiental Integrada concedida a SOGARISA. Ante esta denegación de acceso á información ADEGA acudíu en amparo á Comisión de Transparencia estando pendente a súa resolución.

"A negativa da Xunta a subministrar os datos analíticos de control da actividade da UTE PMA-CONTECO (antiga SOGARISA) en apliación do Plano de vixianza ambiental derivado da AAI (Autorización Ambiental Integrada), e as sospeitas de que estes datos confirmarían graves irregularidades na actuación da empresa e da propia administración que poderían devir en danos para a saúde e o medio ambiente, xustifican a presentación da denuncia na Fiscalía Ambiental", critica a entidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta