Corgos sinala que os anuncios das OPE están "dentro do planificado": "Tiñamos ata este mes para facer os deberes"

Apunta que nos orzamentos para 2024 "hai unha pequena diferenza" entre as entregas a conta debido á rebaixa do IVE dos alimentos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2023 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, sinalou que a convocatoria das Ofertas Públicas de Emprego, convocadas o xoves polo Executivo galego, para a cobertura de 1.750 prazas en Educción, 540 na Administración Xeral da Xunta, 19 en Inspección Sanitaria e Saúde Pública e 26 na CRTVG, "están dentro do planificado" da convocatoria anual e tiñan ata este mes de decembro para "facer os deberes".

Así o declarou este venres, a preguntas dos medios, antes dun acto en Santiago. "As OPE son anuais, estamos a terminar o ano e non se sacaron ata o momento, tiñamos ata este mes para facer os deberes. Por tanto, é o que toca", remarcou. Por outra banda, preguntando sobre os orzamentos galegos para 2024 Corgos avanzou que "non houbo que modificar nada" xa que cando os presentaron realizaron unha "estimación sen datos, pero prudente".

As cifras orzamentarias "son consistentes" cos datos que lles trasladaron polo que "non hai nada que cambiar". Con todo, detallou que "hai unha pequena diferenza" entre as entregas a conta, isto débese a que as contías trasladadas polo Ministerio "non se contempla" o custo das rebaixas do IVE dos alimentos que anunciou o Goberno Central que se van a prorrogar.

Miles de aspirantes realizan as oposicións en Silleda
Miles de aspirantes realizan as oposicións en Silleda | Fonte: Álvaro Ballesteros - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta