Morre un home de 35 anos nunha saída de vía en Cortegada

Acabou impactando contra un noiro despois de atravesar unha leira.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 15/12/2023 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

Un home de 35 anos veciño da Valenza (Ourense) morreu este venres nun accidente de circulación no municipio ourensán de Cortegada, onde sufriu co seu coche unha saída de vía para acabar impactando contra un noiro despois de atravesar unha leira.

O sinistro, no que tamén resultou ferido de gravidade outra persoa que viaxaba de acompañante, tivo lugar ás 17,10 horas deste venres no quilómetro 12,6 da estrada OU-801 que une Ribadavia coa fronteira de Portugal. O coche que conducía o falecido, de marca Volskwagen, saíuse da vía nun tramo lixeiramente curvo para invadir unha leira pola que descendeu ata impactar contra un noiro.

Morre un home nunha saída de vía en Cortegada. GARDA CIVIL
Morre un home nunha saída de vía en Cortegada. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

O outro ferido foi trasladado a un hospital en estado grave polos profesionais de Urxencias Sanitarias desprazados ata o lugar do sinistro nun helicóptero medicalizado. Ata o lugar desprazáronse tamén efectivos do GES de Ribadavia e de voluntarios de Protección Civil. Ningún dos ocupantes do coche estaban atrapados, polo que non foi necesaria a intervención dos bombeiros do Carballiño, segundo trasladou o CIAE 112 Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta