A CIG acusa á Xunta de paralizar a educación pública en Galicia cos orzamentos para 2024

O sindicado criticou, ademais, que a subida do 2,8% do orzamento para Eduación está por baixo do incremento do IPC, polo que haberá "menos diñeiro real" para esta Consellería.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2023 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

A CIG-Ensino criticou este martes os orzamentos da Xunta de Galicia para 2024, ao supor a "parálise" da educación pública, xa que non recollen "nin un só posto máis" dos que figuraban en 2022 nin en 2023.

Nun comunicado, o sindicato lamentou que as cifras de profesorado para o ano que vén implican que "nin se queira supérense as que existían cando Alberto Núñez Feijóo chegou á Xunta en 2009".

"A cifra é mesmo menor á do ano 2012, con 509 docentes menos que naquelas contas", asegurou a CIG, que indicou que o acordo de "melloras" (que esta organización non asinou) é unha "vergoña".

"Os únicos cambios en materia de persoal están relacionados coas recentes modificacións no profesorado de Formación Profesional, ao incrementar o número de docentes do corpo de PES pola integración de quen procede do corpo de PTFP", explicou a CIG.

O sindicado criticou, ademais, que a subida do 2,8% do orzamento para Eduación está por baixo do incremento do IPC, polo que haberá "menos diñeiro real" para esta Consellería.

O responsable de Negociación Colectiva da CIG, Francisco González Sío, e o secretario xeral do sindicato, Paulo Carril.
O responsable de Negociación Colectiva da CIG, Francisco González Sío, e o secretario xeral do sindicato, Paulo Carril.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta