Gadis envía vacinas e alimentos a través de Unicef en máis de 4.000 kits de supervivencia

A empresa cumpre, así, 30 anos de colaboración ininterrompida con Unicef, "mostrando o seu compromiso con miles de nenas e nenos que viven en países en situación de emerxencia", apunta.

Por E.P. | A CORUÑA | 20/12/2023 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

O grupo de distribución alimentaria Gadis enviou 4.405 kits de supervivencia para a infancia máis vulnerable a través de Unicef, segundo informa.

A axuda consiste en alimentación terapéutica, vacúas para a inmunización completa contra a polio e pastillas potabilizadoras de auga.

A empresa cumpre, así, 30 anos de colaboración ininterrompida con Unicef, "mostrando o seu compromiso con miles de nenas e nenos que viven en países en situación de emerxencia", apunta.

A cadea volveu a elixir o Cartón Regalo Azul para felicitar o Nadal aos seus colaboradores. Unha felicitación que supón que a doazón económica "permita á organización enviar subministracións esenciais para a poboación infantil e as súas familias".

Colaboración de Gadis con Unicef. GADIS
Colaboración de Gadis con Unicef. GADIS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta